A lección de María de Villota, a traxectoria truncada de Fernando Martín (primeiro español en ir á NBA), a vitoria no Mundial, o secreto de Víctor Valdés, a triste historia de Robert Enke, a abdicación de Ronaldinho, a marca de Etoo, os comezos de Falcao, o neno Ricky Rubio, un día con Piqué, que foi da xeneración Casillas, o mítico duelo Karpov vs Kasparov, David Millar saíndo da dopaxe, o espírito de Juanito, o soño de Ibaka...
Hai un mundo entre Informe Robinson e o resto de programas deportivos. E ese mundo de distancia pódese resumir nunha soa palabra: Calidade. Cada entrega de Informe Robinson é unha historia roubada ao deporte, a cara oculta das cousas, ou simplemente unha lección persoal... non sempre con final feliz. O deportista redúcese a persoa. A fama desaparece para desvelarnos o que esconde. E tras a máscara do personaxe, o programa descúbrenos a unha persoa normal, coma ti e coma min. Que elixe, que se equivoca, que dubida, que loita, que sente medo, que se perde, que padece, que pide axuda, que confesa admirar ao seu máximo rival, ou simplemente que convive en silencio coa cara amarga do éxito.
En Informe Robinson, todas as historias teñen alma. E por iso é tan difícil deixar de devoralas.
Porque ao final, as persoas o que queremos é que nos conten boas historias.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!